|
Inicia-se musicalmente no grupo de danzas Ibarra-kaldu, onde se adicará á aprendizaxe e práctica de vários instrumentos tradicionais bascos: txistu, alboka, txalaparta...
En 1984 entra a formar parte do grupo de folk basco Izeki, có que realiza duas gravacións (Izeki e Geldiro datorkit ur berria); e é neste periodo cando entra en contacto có folk irlandés.
En 1989 colabora có grupo de música tradicional do grupo de danzas Elai-Alai de Portugalete, até que no 90 pasa a formar parte do grupo Oskorri, có que, de 1990 ao 93, realiza várias gravacións (Hi ere dantzari, Badok hamahiru, banda sonora do filme Amor en Off ).
Colaborou en traballos de outros grupos (Lilura urdinak de Amaia Uranga, Bazen Behin de Koldo Ameztoi y Bixente Martínez, Xolda do grupo do mesmo nome, Strangers en Transito do grupo Arrotzak).
A comezos dos 90 empeza a frecuentar as sessions de Algorta e fica “xunguido” a elas. Pouco dempois, cambia-se o lugar de xuntanza ao Café del Teatro de Barakaldo, onde acudirá Alberte, que se integrará axiña.
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|