|
Perante o periodo 87-89 é membro do grupo local de folk galego Ultreia. De 1991 ao 93 dirixe a Banda de Gaitas da Irmandade de centros galegos de Euskadi.
Asimesmo, entre 1992 e 1995 forma parte do grupo folk galego Xolda, có que grava dous traballos (Escolma e Xolda) e intervén en vários programas para a televisión de Galicia e ETB.
Dende 1995 a 1997 é compoñente do grupo de música tradicional galega Sons do Muiño, gravando o C.D. “No chao do souto”(BOA 1997); gañador dos concursos de gaita “Vacaloura” (1997) e “Gaiteiro do Soutelo” (1999) é finalista nos anos 95, 97 e 99 é do concurso de gaiteros Constantino Bellón.
Colabora con Oskorri coas suas letras en galego para os traballos Landalan e 25 aniversário. Hoxe en dia é un dos músicos que acompañan a Kepa Junkera nas actuacións polo Pais Basco.
A comezos dos 90 converte-se en un máis dos participantes nas sessions do Café del Teatro e, posteriormente, trae consigo a outro dos compoñentes de Xolda: Ibon Díaz.
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|