|
Posteriormente, realiza actuacións polas rúas e concertos en Manchester e en diversos paises de Europa, tanto acompañado como só. Naqueles tempos estaba interesado no folk inglés (influenciado por Martin Carthy, V. Garbutt, etc.) e na música americana.
Perante os 80 deriva hacia a música rock e o blues e, formando parte de vários grupos, actúa en bares e locais de Manchester.
No 87 traslada-se a Bilbao, onde forma un grupo de blues-pop, The Blues Fibres, xunta algúns amigos ingleses, cós que actúa en vários locais e festas. Máis tarde, marcha á Franza; ali morará perante un ano e, mentras, ofrecerá periódicamente recitais en solitario nun local, o que potenciará a sua faceta de cantautor.
De novo en Bizkaia, o gosto pola música country leva-o a interesar-se pola música irlandesa e, tras coñecer a Fergus e a outros amigos irlandeses, pasa a realizar sessions regularmente xunto a eles, no bar La Plaza (Algorta).
A aquelas sesións musicais comezan a acudir músicos locais interesados no folk, entre eles Aitor, có que se vai formando o xermolo do grupo.
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|