Súgán
Orixe e evolución

Os primeiros pasos para o nacemento de Súgán dan-se nos comezos dos 90, cando de xeito esporádico ordenan de xuntar-se vários músicos para facer sessions de música folk nos locais da área do Gran Bilbao. Esas frecuentes xuntanzas musicais irán atraindo cada vez máis amigos, e criarán, paseniño, sentimento de grupo, facendo que das sessions se vaia pasando aos ensaios.

Axiña virán os primeiros concertos e, con eles, a necesidade dun nome para o grupo. Deste xeito adoitará-se SÚGÁN, unha verba gaélico-irlandesa que ven a dicer soga de cánabo, material có que se fan artesanalmente as cadeiras.

O son de Súgán é unha mestura de voces, guitarra acústica, baixo, bateria, violin, frautas e gaitas. O estilo do grupo evolucionou de xeito progresivo dende a xeira inicial das sessions na que a instrumentación estivo caracterizada polo predomínio absoluto de instrumentos melódicos-acústicos e dun traballo exclusivamente centrado no tradicional. A introducción posterior da bateria e o baixo eléctrico supuxo un cambio radical na concepción do estilo do grupo, que lle abriu novas posibilidades criativas.

Festivais de folk de Getxo (Bizkaia), de Castro-Urdiales (Cantabria), de Guitiriz (Galiza), a Semana Grande de Bilbao (teloneando a Four Men and a Dog), numerosos concertos en festas de distintos concellos, e salas de concertos (Kafe-antzokia, Bilbo-rock…), asi como unha longa lista de concertos  en pequenos  locais.  Todo elo supuxo un amplo abano de posibilidades para dar-se a coñecer. Pero de todas elas, hai unha especial que se repite ano tras ano: o dia de St. Patrick.

A festa do patrón de Irlanda sole ser, para os afeizoados ao folk, agallo para se xuntar e disfrutar con este tipo de música. Hai que sinalar que o grupo tivo a sua primeira actuación como tal en 1993, na primera celebración en Bilbao do dia de San Patricio. Dende entón, o fato estivo decote ligado a este acontecemento, e foi requerido unha vegada e outra  para amenizar esta celebración, sempre con grande éxito de asisténcia e ambiente.


Comezo
Contidos
Qué é Súgán?
Orixe e evolución
Compoñentes